Tomiño dá os seus parabéns aos judokas polos resultados acadados no campeonato de España infantil-cadete de judo
A fin de semana do 9 e 10 de maio, mozos e mozas judokas de Tomiño, pertencentes ao clube de judo DO-MAJO, competiron en Jaca (Huesca) en representación da selección galega no campionato de España infantil-cadete de judo. A mocidade tomiñesa conseguiu amosar que pode estar entre os e as mellores.
O resultado máis sorprendente foi a medalla de bronce conseguida na categoría infantil de -48kg da novísima judoka YOHANNA DACUÑA que gañou catro dos seus cinco combates cedendo só ante a que despois se proclamou campiona de España. A nosa deportista semella que ten un futuro prometedor.
Na categoría cadete de -81kg BRAIS PEREIRA, judoka que nos ten acostumados a subir ao pódium en cada copa de España que realizou nesta tempada, non tivo un bo día (xa que era un dos favoritos para lograr medalla), pero soubo sobrepoñerse e lograr un sétimo posto. Volveu representar a España na copa de Europa junior o pasado 24 de maio e participará na Copa de Europa cadete este domingo 31 de maio.
Por outra banda, dúas judokas tomiñesas da base do clube viaxaron ata A Coruña para disputar no prestixioso torneo “Liceo La Paz”, no que participan judokas de toda Galiza e Portugal. Os resultados dos máis cativos foron de sobresaínte: MEDALLA DE OURO para Nerea Romero (categoría alevín) e MEDALLA DE PRATA para Adrián Romero (categoría cadete).