publicidade hoxe

Toma posesión a primeira Policía Local muller de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Toma de posesión

Toma de posesión

O Concello de Fene conta oficialmente coa primeira muller na plantilla da Policía Local. Esta mañá tomaba posesión das súas funcións en presenza do alcalde, Gumersindo Galego, do xefe da Policía Local e da secretaria municipal. A nova funcionaria súmase así a unha plantilla integrada ata o momento por trece axentes. A praza correspóndese a unha Oferta Pública de Emprego correspondente ao ano 2010, cuxas bases se publicaban en decembro de 2012. Tras superar as pertinentes probas coa mellor puntuación, a nova axente pasou un periodo formativo na Academia de Seguridade e a continuación realizou as correspondentes prácticas.  

22 de maio de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.