publicidade hoxe

Todocosmos chega esta semana aos centros escolares de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Continuamos co programa TODOCOSMOS que organiza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración con 12 concellos galegos entre os que se atopa Vedra, e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

No noso concello xa comezaron as actividades o pasado 1 de abril cunha observación nocturna dende o campo da festa de Vedra. Esta primeira observación tivo un grande éxito de participación e estivo precedida dunha pequena charla explicativa por parte do persoal do Observatorio Astronómico.

Agora é a quenda dunha nova actividade prevista dentro deste programa para o noso concello… nesta semana achegaranse ao CPI de Vedra e ao CEIP de Ortigueira e neles realizaran charlas didácticas para o alumnado de primaria.

CLAUSURA DO CURSO UN PASO MÁIS

Ao longo dos últimos 6 meses a través deste proxecto fomentaronse varias accións dirixidas a dinamizar e orientar a través de iniciativas eficaces de autoemprego e tamén se incideu na mellora das empresas da zona.

Agora chega o momento de pechar esta experiencia, a cita será este xoves 7 de maio ás 19 h no Centro de Formación Municipal (Casa da Estación de Ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla).

A ocasión servirá para que as persoas participantes presenten os proxectos nos que traballaron ao longo de todo o programa up+, desenvolvido polo grupo Arestora en colaboración co Concello de Vedra

4 de maio de 2015 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.