publicidade hoxe

Terceiro posto o Kaiak Polo Combarro no 2º Torneo da 2ª División da XVII Liga Nacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPoio
A-
A+

O pasado fin de semana o Club de Kaiak Polo Combarro desprazouse até a cidade de Valdepeñas (Cidade Real) para disputar o 2º Torneo da 2ª División da XVII Liga Nacional de Kaiak Polo. Os resultados dos partidos disputados polo equipo do concello de Poio foron os seguintes:

Combarro – Ciencias de Madrid 4-2
Combarro – Alaquás de Valencia  2-1
Combarro – Albufera Cadeira 5-3
Combarro – Valdepeñas 4-3
Combarro – Fuengirola 2-1

Na fase de semifinais o Combarro non puido superar ao Alaquás nun rifado partido cun resultado final de 3-1. A disputa do bronce foi unha contundente vitoria de 8-1 a favor do Combarro contra o Albufera Sillas.

Con este terceiro posto o Kaiak Polo Combarro logra un recoñecido título nacional como resultado ao seu esforzo nos adestramentos no pobo de Combarro. Esta liga nacional está composta por un total de 13 equipos.

O próximo 30 e 31 de maio, estrearase na categoría nacional o equipo mixto sub-16 na provincia de Cádiz (Arcos de la Frontera), este equipo xa conseguiu o ouro na categoría autonómica. Proximamente veremos se o resultado destas novas promesas do kaiak polo afianza o seu nivel galego extrapolado ao territorio nacional.

PREOCUPACIÓN NO TRANSPORTE

Desde a directiva do Club mostran a súa preocupación en relación aos medios inexistentes para os próximos desprazamentos para as competicións nacionais. Estiman necesaria unha maior implicación dos organismos públicos para apoiar aos seus xogadores e o seu material no desprazamento das competicións.

11 de maio de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.