Telefónica completa o despregamento de 4G en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A cidade de Ferrol conta desde hoxe con tecnoloxía 4G en todas as súas rúas e barrios, grazas ao despregamento efectuado por Telefónica durante os últimos meses e para o que dotou con tecnoloxía de banda ancha ultrarrápida móbil a 11 das estacións bases urbanas xa existentes que ata o momento traballaban con redes 2G e 3G.

A Compañía conectou tamén estas estacións á súa rede de fibra óptica, mellorando así o servizo de transmisión de datos debido á maior escalabilidade deste medio de transporte, o cal permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda.

O 100% da poboación de Ferrol pode gozar xa de velocidades de navegación en Internet de ata 100 megas, que fan posible a descarga e a compartición instantánea de arquivos como música, contidos en alta definición ou o goce de videoxogos online

13 de maio de 2015 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.