publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Suspéndese o xuízo contra o candidato de Cambados Pode por unha falta de desobediencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O xulgado de Instrución número 1 de Cambados (Pontevedra) suspendeu este martes o xuízo previsto contra o candidato á Alcaldía da localidade por Cambados Pode, José Ramón Abal, acusado dunha falta de desobediencia a axentes da autoridade. A vista debía celebrarse a partir das 10.30 horas deste martes nos xulgados de Cambados, onde estaban citados, ademais de José Ramón Abal, catro gardas civís.

Non obstante, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o acusado remitiu a primeira hora da mañá un informe médico ao xulgado no que se indicaba que debía gardar repouso. Como consecuencia, a vista foi suspendida e Abal Varela foi citado de novo para o próximo martes ás 11.30 horas.

Segundo a versión da Garda Civil, os feitos que se lle atribúen a José Ramón Abal sucederon supostamente o pasado mes de abril, cando o acusado foi requirido nun control rutineiro de tráfico. O atestado dos axentes recolle que Abal Varela, tras deter e someter a inspección, se deu supostamente “á fuga” cando os axentes o informaron de que ían continuar analizando o vehículo.

19 de maio de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.