Sr. Chinarro leva a Vigo o directo do disco “Perspectiva Caballera”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

Sr. Chinarro estará en concerto na Fábrica de Chocolate de Vigo o próximo xoves 11 de xuño. A recoñecida formación andaluza presentará en directo na cidade os temas do seu último traballo “Perspectiva Caballera”.

O concerto comezará ás 22:00 horas e as entradas para asistir xa están á venda, cun prezo anticipado de 12 euros e de 14 no día do evento. Os pases pódense adquirir en Elepé, Nikis e en ticketea.com. Tamén estarán dispoñibles na propia Fábrica de Chocolate antes do concerto.

A “Perspectiva Caballera” de Sr. Chinarro

Sr. Chinarro é o proxecto musical encabezado por Antonio Luque, músico referente do panorama musical independente español e considerado un dos mellores letristas actuais.

A formación naceu en Sevilla en 1990 e desde aquela publicou 15 longas duracións e 5 curtos. O seu último disco “Perspectiva caballera” saíu á luz o pasado mes de outubro, recibindo unha gran acollida pola crítica, que o cualificou como un dos seus mellores traballos.

Dez temas autoproducidos, que Antonio Luque presentará nun directo con banda, e que acompañará doutros éxitos da súa extensa carreira musical.

26 de maio de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.