publicidade hoxe

Sigue o baile en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Baixo este título tan suxerente  subxace un evento que organiza o Concello de Poio a través da Concellaría de Benestar Social  e en colaboración con “Gas natural” que consiste na realización dun baile na rúa dirixido, preferentemente,a  maiores  de 50 anos ainda que o acceso será libre para tódalas persoas que o desexen.

O encontro será o día 30 de maio, a partir das 20.00 horas, na Praza da Chousa, en Combarro, con orquestra e música en vivo .

Para que o espectáculo sexa máis atractivo,Gas Natural ofrecerá unha merenda aos asistentes e colocará un stand no que quen desexe recibir información da dita empresa, poderá optar a distintos agasallos.

O acceso vai ser gratuito e aberto a todo o público.

No caso de que a climatoloxía non acompañe, se conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Combarro.

Cabe mencionar que a empresa “Gas Natural” xa colaborou o ano pasado cunha sesión de cine na rúa que resultou moi concurrida

27 de maio de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.