“Seres disglósicos” gaña o certame de poesía de Marín
O Xurado Avaliador do “XVIII CERTAME-PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN”, baixo a presidencia de Beatriz Rodríguez Gómez, do Xurado, e como vogais: María Engracia Vicente Izquierdo e M. Luz López Correa, actuando como secretario o funcionario Alberto Mallo Area acordou por unanimidade, conceder o premio de 1.000 € ao traballo presentado baixo o lema Xocaloma. Unha vez aberta a correspondente plica, resultou gañadora Rocío Leira Castro coa obra titulada “Seres disglósicos”











