Santiago Futsal continuará realizando actividades con patrocinadores esta semana
O persoal do Santiago Futsal seguirá realizando actividades con patrocinadores e colaboradores do club esta semana. Por outra banda, e dentro do marco de acción social que o club enxalza desde hai anos, esta tarde visitará o cárcere de Teixeiro para disputar un encontro fronte a un equipo de reclusos do centro.
A mañá do martes, primeiro equipo e corpo técnico, realizarán o último tramo do Camiño de Santiago, desde Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.
Pola súa banda, a mañá do mércores, será a máis atarefada da semana para o club branco: ás 11 h visitarán as instalacións de Concesionario Yáñez, ás 11.45h realizarán unha visita á redacción de La Voz de Galicia e, por último, ás 13h acudirán ao CEIP Sigüeiro con motivo da participación nas xornadas lúdicas no Día Nacional dás Matemáticas Escolares.
Aínda pendentes de confirmar a data de celebración da Copa Deputación, o equipo realizará unha última sesión de adestramento semanal o xoves pola tarde.











