publicidade hoxe

Ruta de sendeirismo das Minas de San Finx a San Ramón de Bealo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLousame
A-
A+

Trala boa acollida que cada ano ven tendo esta ruta, os concellos de Lousame e Boiro volven a traballar en colaboración para organizar unha terceira edición. Este ano a ruta partirá o vindeiro 30 de maio das minas de San Finx para rematar en San Ramón de Bealo.

Trátase dun percorrido de 12 km e duración estimada de 4.30 horas. É unha ruta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto con diferentes tipos de bosque como os da ribeira do río Beluso, a panorámica da desembocadura á ría dende monte Seixiño. Asemade, visitaremos o museo das minas de San Finx, poderemos ver en funcionamento un dos poucos muíños de río que quedan en funcionamento pola zona e, ao remate, veremos os petróglifos da Laxe do Agoeiro. Haberá un servizo de autobús que fará os traslados de San Ramón ata San Finx e viceversa.

A ruta ten unha cota de inscrición de 3 euros e poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654 e na Oficina de Deportes de Lousame (Germán), no mail lousamedeportes@gmail.com ou no teléfono 981820494

8 de maio de 2015 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.