publicidade hoxe

Rocío Mosquera e o alcalde de Arteixo asinan un convenio para estudar a reforma do centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoLocal Portada
A-
A+
Sinatura convenio do Sergas e o concello de Arteixo. Foto: X. Crespo

Sinatura convenio do Sergas e o concello de Arteixo. Foto: X. Crespo

O Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde acolleu hoxe pola mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Arteixo, para estudar as posibilidades e viabilidade da realización de obras de reforma no seu centro de saúde. O convenio foi asinado pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo.

O obxectivo desta iniciativa é dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación mediante actuacións que permitan mellorar as dotacións e infraestruturas adicadas á atención asistencial ao cidadán deste concello.

Para a súa consecución, formarase un grupo de traballo para o seu desenvolvemento composto por dous representantes de cada unha das partes asinantes. Ademais, crearase unha comisión de seguimento que interprete e asegure o bo fin e cumprimento deste protocolo.

A entrada en vigor deste convenio é ao día seguinte da súa sinatura e conta cunha vixencia de dous anos, podendo ser prorrogado por mutuo acordo antes da datas da súa finalización.

18 de maio de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.