Ribadumia solicita unha subvención para a información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude
O Concello de Ribadumia solicitou a subvención para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal durante o ano 2015. Esta subvención enmárcase dentro da Orde de 30/03/2015 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se regulan as axudas deste tipo a Concello.
A finalidade desta subvención é a de potenciar a información xuvenil a través dos servizos municipais de información xuvenil na Rede galega de información xuvenil, así como fomentar as actividades de educación non formal dirixidas á xuventude e participación xuvenil no ámbito local.
Esta subvención permitirá o pago dos costos derivados do funcionamento do servizo de información xuvenil, así como as actividades formativas e educativas relacionadas co espírito creativo e emprendedor da xuventude e demais programas de información e asesoramento xuvenil destinados á xuventude de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.
Por todo isto, o Concello de Ribadumia xa presentou os documentos pertinentes para poder participar nesta subvención coma se leva facendo en anos anteriores.
A Xunta de Goberno Local solicitou á Consellería de Traballo e Benestar o importe de 3.000 (máximo establecido para cada Concello), ascendendo o presuposto total do programa previsto para a realización de actividades para a promoción da Información Xuvenil durante o exercicio de 2015 á cantidade de 27.800€.
O Concello comprométese tamén, de ser aprobada a subvención, a financiar a diferenza de financiamento para a total da execución do programa subvencionado.
Entre as actividades que o Concello ten previstas para realizar no 2015 está a dinamización da Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ribadumia. A cargo dun Técnico de Xuventude e dous Animadores Socioculturais, a oficina situada na Casa da Cultura de Ribadumia, ten previsto para este ano realizar talleres, xornadas, seminarios, cursos, concursos e campionatos deportivos non federados, entre outros.
Algunhas das actividades que o a OMIX ten previstas para este ano son: o Festival de Bandas de Música Xuvenís, un curso de informática, un curso de redes sociais, talleres de disfraces, campamentos de veráns e moitas máis actividades que os veciños irán coñecendo a medida que se vaian achegando as datas de presentar solicitude.











