publicidade hoxe

Ribadumia organiza unha Xornada de Emprego o 4 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia organiza o vindeiro xoves 4 de xuño unha Xornada de Emprego na Casa da Cultura de Ribadumia.Entre os expoñentes da xornada estarán as ETTs Eurofirms e Synergie, que encargaranse de informar e orientar sobre as súas ofertase as vías de inscrición, o funcionamento das ETTs, os principais sectores e ofertas de traballo que manexan e os perfís máis demandados. Tamén concederán un tempo para facer entrevistas persoais entre os asistentes e para recoller CVs entre os interesados.  

Acudirán tamén representantes da Cámara de Vilagarcía de Arousa, que proporcionarán asesoramento a emprendedores e informarán sobre o sistema de garantía xuvenil, e o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 para orientar a empresas creadas e a iniciativas aínda por crear.

Ademais, as institucións convidadas informarán e orientarán sobre temas de asesoramento de emprendedores, formación nas TICs, asesoramento á muller, perfís profesionais demandados, ofertas de emprego e sistemas de garantía xuvenil, entre outros.

A Xornada terá lugar o vindeiro xoves 4 de xuño na Casa da Cultura de Ribadumia en horario de 9 a 13:30 horas.

 A inscrición é gratuíta e para reservar praza hai que solicitalo no seguinte email: m.santos.o.laboral.ribadumia@gmail.com ou no seguinte teléfono 986710711 en horario de 9 a 15 horas. 

Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia pedimos a máxima difusión e convidamos a todos os veciños de Ribadumia a que acudan a esta xornada para recibir asesoramento profesional en temas laborais. 

30 de maio de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.