Ribadumia celebrou o día máis familiar do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia reuniu onte ó redor de 400 persoas durante a VII Feira da Familia celebrada na Praza do Concello ao longo da tarde. Os protagonistas indiscutibles da festa foron os nenos, que baixo a mirada atenta dos seus pais, puideron disfrutar ó longo de toda a tarde do domingo de numerosas actividades que o Concello preparou para o día máis familiar do ano.

O inchable xigante e o búfalo mecánico convertéronse nas atraccións máis solicitadas entre os nenos, e grazas ó traballo do voluntariado conseguise que non houbera ningún incidente e todos puideran disfrutar xuntos e en orde dos xogos.

Ademais, os pequenos puideron coñecer de primeira man a confección de pulseiras e chaveiros grazas ós obradoiros dirixidos polo equipo de voluntarios que animaron a festa. O grupo encargado de amenizar a festa -“As titiriteiras”- tamén gustou moito tanto a nenos como a pais, que bailaron e participaron ao son das súas actuacións.

A media tarde, o Concello puxo a disposición dos nenos un servizo de merenda gratuíto para coller as forzas necesarias e continuar coas actividades.

A organización desta cuarta feira contou coa colaboración dos membros do Servizo de Voluntariado Social do Concello de Ribadumia, e coa participación do Servizo de Prevención e Asistencia a Drogodependentes de Vilagarcía de Arousa e a Residencia de Anciáns Geriatros.

A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, tamén acudiu á cita xunto a súa familia para axudar a fomentar os valores familiares que o Concello quere transmitir coa celebración desta feira.

A pesar do calor que reinou durante toda a tarde do domingo, a festa converteuse nun éxito entre os veciños de Ribadumia, e tanto nenos coma pais disfrutaron xuntos en honor ó Día Internacional da Familia que se celebra en todo o mundo o 15 de maio.

Esta foi xa a sétima edición da festa, e dende os Servizos Sociais do Concello esperase continuar coa celebración da mesma nos vindeiros anos dados os bos resultados e impresións que a feira está a acadar en cada edición.

18 de maio de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.