Rey Varela agradece o traballo do persoal da administración ferrolá na conmemoración de Santa Rita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Conmemoración da festividade de Santa Rita en Ferrol

Conmemoración da festividade de Santa Rita en Ferrol

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe o acto institucional conmemorativos da festividade de Santa Rita, patroa dos traballadores da administración; en que se homenaxea ao persoal Concello xubilado no último ano. José Carlos Barro, José Manuel Pérez, Guillermo Díaz del Río, Antonio Vivero, Guillermo Lorenzo, Ana María Ansedes, Carmen Vidal e Manuela Leira, participaron nesta cerimonia que se desenvolveu no Salón de Plenos do Concello de Ferrol; e que tamén contou coa presenza de familiares dos xubilados homenaxeados. Cada homeaxeado recibiu de mans do primeiro edil da cidade e dos voceiros da Corporación Municipal unha placa conmemorativa.

Jose Manuel Rey Varela agradeceu o traballo que realiza todo o persoal do Concello de Ferrol, facendo un nomeamento especial “a aqueles compañeiros que pechan unha etapa das súas vidas despois de moitos anos nesta casa de todos os ferroláns”, dixo. Así mesmo, o primeiro edil da cidade considerou fundamental o traballo diario do persoal municipal “para que as institucións permanezan, sodes unha parte imprescindible”. E por último, Rey Varelal reiterou os seus agradecementos “por dedicar boa parte da vosa vida a ser unha peza clave no funcionamento desta administración”, desexándolles o mellor “nesta nova etapa das vosas vidas con máis tempo para dedicar a familia e amigos así como ao ocio e o descubrimento de novas inquedanzas”.

 A celebración da patroa dos funcionarios rematou co tradicional brinde no Salón de Recepcións, no que participaron concelleiros e persoal municipal.

22 de maio de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.