Representantes do Sergas e técnicos da empresa que construirá o equipamento de radioterapia comezaron os traballos de medición no HULA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

Representantes do Servizo Galego de Saúde, xunto con técnicos da empresa Varian Medical Systems Ibérica, visitaron hoxe as dependencias do Hospital Universitario Lucus Augusti onde vaise emprazar o equipamento do servizo de Radioterapia. O motivo da visita foi comezar a elaborar as medicións dos espazos e instalacións para poder elaborar os proxectos técnicos, e, posteriormente, solicitar as autorizacións que posibiliten a posta en marcha dos equipos. Isto responde á necesidade de adaptar especificamente os espazos ao equipamento do fabricante que resultou adxudicatario.

Nesta mesma liña de traballo, e coa fin de coordinar as tarefas a desenvolver para a instalación do equipamento de Radioterapia do Hospital Lucus Augusti, así como do resto dos hospitais públicos da rede do Servizo Galego de Saúde, técnicos da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas mantiveron hoxe unha reunión en Madrid, na sede do Consello de Seguridade Nuclear.

Deste xeito, o departamento que dirixe Rocío Mosquera mantén a súa previsión de ter o equipamento de radioterapia instalado no HULA antes de que remate o ano.

Co visita de hoxe ao hospital Lucus Augusti, o departamento que dirixe Rocío Mosquera dá un paso máis na súa intención de dotar ao Sergas da alta tecnoloxía necesaria para aumentar a calidade diagnóstica e asistencial, mellorar a dispoñibilidade do equipamento e atender de forma máis eficiente a demanda das probas diagnósticas e dos procedementos terapéuticos que empregan estas tecnoloxías.

8 de maio de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.