Quico Cadaval actuará na Casa da Cultura da Laracha este venres
O considerado mestre de todos os monologuistas galegos, Quico Cadaval, actuará este venres a partir das 22:00 horas na Casa da Cultura da Laracha na primeira das funcións da terceira edición do Festival do Humor da Laracha.
O cartel completarase nas próximas tres semanas con destacados monologuistas do panorama galego e nacional, como Carlos Blanco (día 15), Sara Escudero (día 22) e Celso Sanmartín (día 29).
Para os catro espectáculos aínda quedan entradas á venda ao prezo de cinco euros, que poden adquirirse en horario de mañá no Concello da Laracha.











