Publícase a listaxe provisional de novo alumnado admitido na Escola Municipal de Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellería de Educación fai pública a listaxe de admitidos provisonais de novo alumnado na Escola Municipal de Música, unha vez finalizado o período de preinscrición. Establécese a apertura do prazo de reclamación de 10 días naturais, contados dende a data da exposición destas listaxes no taboleiro da Escola Municipal de Música, así como nesta web.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir deste xoves na Escola Municipal de Música, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas e no teléfono 981 528 701. As reclamacións, debidamente documentadas, pódense realizar na propia escola ou por correo electrónico (info@esmucompostela.es) do 28 de maio ao 6 de xuño, ambos os dous incluídos.

28 de maio de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.