Proxecto de formación dual no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, a traveso da súa área de Traballo e Emprego, iniciará unha nova aposta de formación profesionalizante, na que 15 veciños e veciñas desta vila poderán formarse nun oficio, con altas posibilidades de entrar a formar parte de proyectos industriales. Se trata da Formación Dúal, que se porá en marcha no Carballiño a traveso da subvención da consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

No que como mínimo traballarán unas 15 persoas. Personas menores de 30 anos e con baixa cualificación, especializaranse en dous certificados de profesionalidade, por un lado en soldadura Mig Mag con un curso de 560 h de duración e como xardiñeiros con outro de 250h. O primeiro coa finalidade de formar persoas para as empresas de soldadura e o de xardiñeira coa intención de promover a creación de unha brigada de xardiñeiros para traballar como autónomos ou como cooperativistas, incluso para o Concello.

Os interesados en participar nesta inciativa Dual deberán inscribirse o antes posible no INEM, especificando o curso no que queren participar. Os alumnos percibirán durante este periodo de formación unha contraprestación económica. Para máis información poden chamar o dirixirse a área de Traballo e Emprego, ubicada no segundo andar do concello do Carballiño, ou na propia oficiña do INEM.

Así mesmo o concello está a colaborar nun curso de formación laboral para carretilleros, que comenzará o vindeiro 22 de maio, en horario de maña e tarde, con parte teorica e practica nunha das empresas do polígono carballiñés.

19 de maio de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.