Preséntase o XVI Torneo Prebenxamín de Futsal Escola Terra
Esta mañá foi presentado no salón de plenos do Concello de Lugo a XVI edición do Torneo Prebenxamín de Futsal Escola Terra. O torneo bate marcas de participación con 46 equipos procedentes na súa maioría da cidade de Lugo, aínda que nesta edición visitaranos tamén un equipo procedente da provincia da Coruña, concretamente o EDM Melide. Así, o torneo beneficiará a máis de 600 neno<sent\>s.
O torneo disputarase os días 9, 16, 23, 30 de Maio e o día 6 e 13 de Xuño de 2015 dividido en tres categorías e con sede principal de xogo o Centro Deportivo Terra, e en diversos pavillóns da cidade: Municipal de Lugo, Casa do Deporte e Daniel Cordido.
A 1ª División está destinada a equipos de neno<sent\>s nacido<sent\>s nos anos 2007 e 2008. A 2ª división para os nados en 2008 e 2009 e a 3ª División para o<sent\>s máis peques nacido<sent\>s nos anos 2009 e 2010.
Á rolda de prensa asistiron José M. Díaz Grandio (Concelleiro de Deportes); Manuel Otero Méndez (Xefe Provincial Deportes – Xunta de Galicia) e Iván Pico (Xerente Fundación Azkar).
José M. Díaz Grandío: “É un torneo que xa entra no grupo dos eventos máis antigos do calendario deportivo lucense”;”ten un éxito moi importante de participación e de formación”.
Iván Pico: “Para nós é todo un orgullo este tipo de eventos que crece ano tras ano batendo ou marca de participación nesta edición”; “para nós unha das cousas que máis nos achega é ver aos nenos tan pequenos iniciándose no fútbol sala”.
Manuel Otero destacou a importancia da inculcar valores educacionais e de respecto a través deste tipo de eventos deportivos desde as idades máis temperás.











