publicidade hoxe

Preséntase en Santiago a XVI Regata Ramiro Carregal Rey

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do SonSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación da regata

Presentación da regata

Ás 13.00 horas no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela celebrouse a xa tradicional presentación dos eventos Gran Trofeo Faro de Corrubedo e Regata Frinsa. O primeiro organizado polo RCN Portosín a celebrar os días 30 e 31 de Maio e o segundo organizado polo CND Riveira coa colaboración do noso club o 27 de Xuño. O denominador común é Don Ramiro Carregal Rey, o gran mecenas da vela galega que cun trato excepcional ao regatista quere fomentar o deporte e agradecer a colaboración por parte de ambas as entidades desde o inicio.

No acto de presentación Don Ramiro, arroupado polos presidentes de ambas as entidades D. Jose Luís Torres e D. Fernando González, explicou aos asistentes o porque de ambas as regatas e agradeceu a presenza de tantos medios de comunicación. Quixo agradecer a presenza tamén de Antón Paz, medallista Olímpico que aproveitando a súa estancia en Galicia pola recuperación dunha pneumonía quixo estar presente e dar así o seu apoio a ambos os eventos como mostra de agarimo aos clubs que o viron nacer como regatista e nos que viviu moi bos momentos.

22 de maio de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.