publicidade hoxe

Ponte Caldelas ensancha o acceso principal ao núcleo de taboadelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Traballos de ensanche

Traballos de ensanche

O Concello de Ponte Caldelas iniciou as obras de ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo. A actuación consiste na construción dun novo muro de contención do camiño que comunica a estrada provincial Reigosa – Xustáns – Taboadelo co centro do lugar. Nesa zona está a construírse unha vivenda que conforme á lei tivo que ceder unha parte do terreo para o ensanche do camiño. Desta forma o Concello aproveita ese anaco cedido para ensanchar esta zona mellorando notablemente o acceso principal á zona interior de Taboadelo. A idea do Concello unha vez se complete a construción do muro é colocar unha bionda para maior seguridade dos vehículos. O Concello nesta actuación inviste preto de 10.000 euros. 

19 de maio de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.