publicidade hoxe

Poio celebra o Día das Letras Galegas “Tralas Palabras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Con este suxerente título, téntase definir a actividade que se vai desenvolver co gallo do Día das Letras Galegas, co alumnado das escolas infantís de Poio:Bao, Sartal,Tarrío e Portosanto, mañá día 15.

Ao longo da mañá , o equipo de monitores que están a piques de rematar a formación do curso oficial de tempo libre que organiza a OMIX ,coordinarán e desenvolverán, dirixidos por persoal da escola de tempo libre:Koremi ,unha actividade relacionada con esta celebración.

Así, entre as 10.00(hora na que se prevé a chegada dos peques ao parque da Reiboa) e as 13.00 horas, o colectivo infantil ( uns 40 ne@s) disfrutará da representación teatral dun conto creado polo alumnado do curso, que baixo o título de:”Aventuras de Labracán”, pretende servir de homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica esta edición de letras galegas.Unha vez rematado o conto, se distribuirá aos participantes en 3 grupos para participar nunha gynkana de xogos tradicionais adaptados ás súas idades e ainda terán tempo de confeccionar unha postal primaveral feita con elementos naturais, cos que previamente traballou o equipo de futuros profesionais.Está previsto que a actividade remate ás 12.45 para que os pequerrechos poidan coller con calma o autobús que os levará de volta aos coles.

Nesta actividade están implicadas as concellarías de Educación, Xuventude e Benestar Social, que pola súa parte finalizarán o encontro coa entrega , de mans do alcalde, Luciano Sobral, dun ganapán que ao/á representante de cada colexio e unha bolboreta feita con follas de contos reciclados a cada rapaz/a; bolboretas enchidas de debuxos e palabras que serán atrapadas co ganapán e que quedarán de adorno nos centros escolares.Rematarase a actividade cunha pequena merenda colectiva

14 de maio de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.