Pereiras acollerá a VI Golfmanía
O vindeiro domingo, día 17 de maio, terá lugar en Pereiras a VI edición da concentración de coches Volkswagen Golf, ‘Golfmanía’. A programación da xornada será a seguinte: ás 10:30 horas da mañá saída da Igrexa de Pereiras en dirección a Tameiga, Peinador, San Esteban de Negros, Rande, Teis, e A Madroa con parada diante do Zoo de Vigo, onde se fará un descanso de aproximadamente unha hora para tomar uns pinchos, beber algo, sacar fotos, etc.
Despois a ruta continuará ata o Restaurante Manolo en Porriño donde se fará a comida do grupo (precio do menú por persoa 20€), e tras a comida haberá a posibilidade de continuar a ruta ata a zona de A Guarda, máis exactamente ata os Muíños do Folón e o Picón. Nesta zona haberá tamén a posibilidade de tomar algo no restaurante con encanto A Pintora, en O Rosal.
O propio día 17, según vaian chegando os coches, iranse dando os dorsais e unha folla co mapa da ruta planificada. Dende a organización deste evento lúdico convidan a todos os propietarios e propietarias de vehículos Golf a que se acheguen a pasar un bo día acompañados dos seus amigos.
Así mesmo informan de que a data límite para a inscrición dos que se queden a comer será o venres día 15 de maio. Para máis información e inscricións os interesados deben contactar con Daniel no teléfono 617370715 ou en Facebook entrando en Golfmania Volkswagen Lago.











