Ourense celebra a Semana de Medio Ambiente con actividades entre o 2 e o 7 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira en funcións de Medio Ambiente, Susana Bayo, presentou esta mañá no Salón de Plenos do Concello a programación de actividades da Concellería para conmemorar a Semana Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará a semana próxima na cidade. Asistiron á presentación Inés Quintán, da Asociación de Propietarios de Macotas de Ourense, Tino Iglesias, de Servizos Gastronómicos e José Méndez, da empresa Bruma.

Así, entre o 2 e o 7 de xuño haberá propostas para todos os públicos, relacionadas coa reciclaxe, os productos ecolóxicos, o cambio climático e hortas infantís, entre outras. Serán en diversos espazos verdes da cidade: o parque Barbaña, a praza Diego González, Anxelita Paradela, parque de San Lázaro e Montealegre, ademais da Praza Maior.

Todas as actividades están englobadas dentro do lema mundial deste ano: “7.000 millóns de soños, un só planeta. Consume con moderación”. A programación completa de actividades é a seguinte:

Martes, 2 de xuño

(17:30 h, parque Barbaña): Eco xincana “a liga dos xusticieiros ambientais”.

Mércores, 3 de xuño

(17:30 h, praza Diego González): Obradoiro reciclarte “Antón e a fada das mil sementes”.

Xoves, 4 de xuño

(17:30 h, Anxelita Paradela):  Eco xincana “a liga dos xusticieiros ambientais”.

(20 h, Paraninfo Otero Pedraio): Conferencia sobre cambio climático, impartida por Susana Bayo.

Venres, 5 de xuño

(17:30 h, parque San Lázaro): Obradoiro reciclarte “Antón e a fada das mil sementes”.

Sábado, 6 de xuño

(10 h, praza Maior): Feira Comeourense.

(11 e 12:30 h, praza Maior): Obradoiros infantís de cociña sostible.

(17:30 h, Montealegre): Charla coloquio sobre as estratexias das plantas.

Domingo, 7 de xuño

(11:30 h, Montealegre): Xincana explorador por un día e hortos infantís.

29 de maio de 2015 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.