Os xóvenes de Mos que desexen aprender surf xa poden inscribirse en “SurfeaMos o Atlántico”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Hoxe abriu o prazo de inscrición na actividade “SurfeaMos o Atlántico” organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense e que se realizará durante o vindeiro mes de xuño na praia de Prado.

A actividade dividirase en dous grupos. O primeiro grupo levaráa a cabo os días 6, 13, 20 e 27 de xuño en horario de 16.30 horas a 18.30 horas e o segundo grupo os días 22, 23, 25 e 26 de xuño en horario de 11.00 horas a 13.00 horas.

A xuventude con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos preferentemente empadroados no Concello de Mos é a destinataria deste curso de surf. Terán preferencia os empadroados e/ou escolarizados en Mos. En caso de que non se cumprimenten todas as prazas, poderán acceder persoas que non cumpran os requisitos de idade ou poboación non empadroada no Concello.

O Club Deportivo Prado Surf que encargarase da ensinanza teórica e práctica desta modalidade deportiva acuática que ten como obxectivos, promover un ocio saudable na xuventude do municipio de Mos, incorporando novos valores educativos vinculado ó deporte e o medio natural no que vivimos, fomentar a auto-superación e o respecto polo medio natural, inducir a coñecerse a un mesmo, valorar o esforzo e a perseveranza, impulsar a mellora da flexibilidade, a forza, o equilibrio e a coordinación, favorecer o uso responsable dos recursos naturais e a atención ó medio ambiente, interactuar co entorno e compromiso coa súa mellora e uso sostible, crear novos espazos de socialización e divertimento para a xuventude e ofertar actividades de ocio nocturno atractivas e asequibles para os mosenses.

As sesións serán de dúas horas por día nas que se alternará teoría e práctica en cada unha de elas. Ofrecerase a posibilidade de realizar curso de iniciación e curso de perfeccionamento. Para calquera dos cursos é requisito imprescindible saber nadar. A dinámica das sesións teóricas será activa. Os  propios participantes serán protagonistas e serán partícipes no desenrolo da actividade.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse xa no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do concello: www.concellomos.es. Para inscribirse deberán presentar a solicitude asinada, unha fotocopia do DNI e para os escolarizados que non estean empadroados no concello, tamén unha copia do certificado de escolaridade.

Os prazos de inscrición para cada un dos grupos son: 1º grupo (con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos) prazo de inscrición do 13 de maio ó 1 de xuño, publicación de lista de admitidos/as o 2 de xuño e prazo de pago do 2 ó 4 de xuño; 2º grupo (con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos) prazo de inscrición do 13 de maio ó 15 de xuño, publicación de lista de admitidos/as 16 de xuño e prazo de pago: do 16 ó 18 de xuño

A lista de admitidos/as establecerase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A actividade desenvolverase na Praia de Patos situada na localidade pontevedresa de Nigrán.

O desprazamento correrá por parte do Concello para o grupo de 14-17 anos coa contratación dun autobús para os participantes menores nesta actividade. Mentres que o grupo de maiores de idade terá que desprazarse no seu propio vehículo.

O club deportivo Prado Surf facilitará todo o material necesario para o desenrolo da actividade (táboa, neopreno e accesorios) e a utilización das instalacións  con acceso directo á area e duchas de auga quente.

Ademais, cada un dos participantes contará coa súa propia licenza federativa e o seu seguro de responsabilidade civil e de accidentes. 

En relación ós recursos humanos, cada curso contará con docencia personalizada (máximo 6 persoas por monitor, para facilitar unha maior eficacia da formación). Os monitores/as son  titulados pola Federación Galega de Surf.

Custe para cada participante será para os integrantes do 1º grupo de 18 a 35 anos 35 euros e para os do 2º grupo de 14 a 17 anos de 45 euros xa que inclúe o gasto do transporte (que subvenciona en parte o Concello de Mos).

13 de maio de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.