Os parques infantis de Lugo xa contan con columpios adaptados para cativos con problemas de mobilidade

Columpios para nenos con mobilidade reducida
Os parques infantis da cidade contan dende hoxe con columpios especiais para que nenos e nenas con problemas de mobilidade poidan desfrutar tamén das instalacións infantis. Desta maneira, instaláronse catro cadeiras especiais, cun maior tamaño e con cinturóns, para menores con discapacidade en catro parques de diferentes zonas da cidade, como son o parque de Rosalía de Castro, Praza Roxa en Fingoi, Augas Férreas e no parque de Frigsa na Milagrosa.
A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, adicou un investimento de preto de 4.000 euros para a instalación destes asientos especiais e cunhas medidas de seguridade que permite que os menores con problemas de mobilidade vaian seguros nos columpios.











