Os maiores de Vilagarcía visitarán a Festa da Carne ao Caldeiro de Dozón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A temporada de excursións para persoas maiores ábrese o 7 de xuño coa primeira das actividades organizadas este ano polo Concello e que, ademais da compoñente lúdica e social ten o atractivo gastronómico. Unhas 165 persoas poderán participar na viaxe dunha a Dozón para asistir á XX Festa da Carne ao Caldeiro e Bola con Torreznos que se celebra anualmente neste municipio pontevedrés.

Á Área de Persoas maiores fretará tres autobuses para a realización da actividade. O departamento que dirixe Ángeles Rodríguez financia integramente o medio de transporte que será de balde para os excursionistas. Estes so terán que facerse cargo dos custes do almorzo. A excursión celebrarase o domingo, 7 de xuño, con saída pola mañá e regreso á última hora da tarde.

As persoas interesadas en acudir a este evento gastronómico e turístico deben formalizar a súa inscrición a partir do luns, 11 de maio, nas dependencias de Persoas Maiores. Os requisitos para poder participar son estar empadroado en Vilagarcía, ter cumpridos os 65 anos ou os 55 si se é pensionista do sistema público. Tamén poden participar outros `pensionistas e prexubilados.

8 de maio de 2015 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.