Os escolares mosenses descobren os Muíños da Budiela e da Salgueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Onte comezou a actividade escolar ‘Coñece Mos’ organizada pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá, mediante a que se leva aos escolares do Concello a facer un percorrido polo conxunto de Muíños da Budiela e rematando no Sendeiro dos Muíños da Salgueira, en Pereiras, de xeito que coñezan e valoren o seu entorno máis próximo.

Os obxectivos desta iniciativa sonfavorecer o coñecemento do entorno cultural e natural do noso concello promovendo hábitos y actitudes positivos co medio que nos rodea, facilitar aos alumnos/as espazos de comunicación e socialización diferentes aos habituais co fin de que compartan experiencias beneficiosas, ofrecer alternativas de ocio saudable que supoñan unha alternativa ós contextos lúdicos que propician o desenrolo de condutas nocivas, promover a participación activa, a implicación e o divertimentos dos escolares do noso Concello a partir deste tipo de iniciativas, dinamizar o sendeiro dos muíños e integralo como espazo de utilización lúdico-educativa, coñecer os recursos naturais existentes ó redor do sendeiro, tanto a flora como a fauna que convive neste entorno privilexiado; e fomentar hábitos de coidado da natureza ademais de procurar espertar curiosidade e interese polo medio natural e as actividades ligadas a el.

Aactividade consiste en que os/as alumnos/as fagan un percorrido polo sendeiro dos muíños, dunha duración de 1 hora e 45 minutos aproximadamente, acompañados por un monitor de tempo libre, veciño da parroquia, que lles relatará a historia e características desde muíños e lles explicarán os distintos elementos naturais. Deste xeito, os escolares poderán coñecer mellor o rico entorno natural e cultural do noso Concello.  O alumnado participante nesta actividade pertence os cursos de 4º de Primaria e 1º de ESO, adaptando as explicacións e as dinámicas á idade dos nenos.

As saídas comezaron onte e continuarán durante os días 20 e 27 de maio e 3 de xuño.

14 de maio de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.