publicidade hoxe

Os colexios públicos de Curtis comezan a semana das Letras Galegas con música e baile

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A música centrará os actos que o Concello de Curtis desenvolverá nos colexios públicos nesta semana na que comeza a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica á figura de Xosé Filgueira Valverde. Os máis pequenos coñecerán, cantarán e bailarán, coa agrupación Son+D2 e o seu espectáculo Estamos no Verán, os diferentes estilos de música que existen cantados en galego. No CEIP de Teixeiro celebrouse hoxe e mañá a actuación será no CEIP de Curtis, a partir das 16.00 horas.

11 de maio de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.