Os barrios de Esteiro e o contorno da praza de España acollerán esta fin de semana propostas musicais, artesanais e gastronómicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, informou esta mañá das actividades de promoción e dinamización do comercio e a hostalería que terán lugar esta fin de semana na cidade, e que nesta ocasión concentraránse en Esteiro e praza de España. Unhas variadas propostas dinamizadoras que se centrarán na música, na gastronomía e na artesanía. Nesta presentación tamén estiveron representantes das dúas entidades organizadoras destas propostas: Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Barrio de Esteiro (AHCOBE) e a Asociación de Comerciantes Novo Ferrol,  Pablo Fuentes e Francisco Fajardo, respectivamente.

Así as cousas, unha nova edición das “Festas de Esteiro” se desenvolverá, entre o venres e o domingo, polas rúas do barrio de Esteiro con charangas e música tradicional. Na mesma zona da cidade, terá lugar durante a xornada do sábado 30, a nova edición da “Festa gastronómica da ameixa” que comezará ás 13:30 horas. Este festexo se concentrará en diferentes establecementos hostaleiros de Esteiro que ofrecerán degustacións de ameixa, co obxectivo de ensalzar e reforzar un produto moi importante na cidade así como a hostalería do barrio.

Praza de España

Noutra orde de cousas, a praza de España tamén albergará, en horario comercial, a “Feira de artesanía” que se desenvolverá baixo o formato Do it yourself (faino ti mesmo). Así, os postos de artesanía terán produtos feitos a man e os vendedores elaborarán as súas creacións in situ. Tamén haberá obradoiros para nenos/as con goma eva, pulseiras e colares.

28 de maio de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.