Os atletas da Sociedade Ximnástica fixéronse notar nas últimas competicións en pista
A pesar de que o pasado fin de semana, o atletismo centrouse nas xornadas de liga nacional, durante o mes de maio levan a cabo múltiples competicións atléticas que son ben aproveitadas polos atletas pontevedreses.
En Coruña celebrouse o Trofeo Marineda, onde Inés Martínez e Alesandra Campo foron segundas e terceiras no salto de altura, mentres que no lanzamento de xavelina sub-18, Claudia Puig e Marta Burés, tamén foron segunda e terceira respectivamente.
En Vigo celebrouse o Trofeo AVA, unha xornada dedicada ás categorías menores, con tres vitorias parciais, cinco atletas en segundo lugar e outros tres postos en terceiro lugar; indicar que as vitorias foron para as mozas, Lucía Ferrer no hectómetro, Carolina Santos no quilómetro alevín e Helena Suárez nos 60 metros alevín.
Por último en Lugo, Pedro Bastos competiu noutra xornada máis do Trofeo Deputación, sendo segundo no lanzamento de martelo xuvenil e terceiro nos 400 metros valas xuvenil.











