Os afeccionados recibirán a Terry Porter

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Camiño Acaba en Obradoiro terá este sábado a súa última etapa, na que Terry Porter conquistará a Praza do Obradoiro tras saír do Monte do Gozo. Tanto o protagonista como o Rio Natura Monbus Obradoiro queren estar rodeados nesta ocasión de todos os santiagueses e galegos afeccionados ao baloncesto, así como do persoal deportivo do propio club.

Para que a estrela americana faga o último tramo do Camiño Francés acompañado, o club anima a todo aquel que siga a súa aventura a unirse ao comité de chegada. A quedada será ás 11.45 horas da mañá do sábado, no parque situado no cruzamento das Rúas París e O Valiño.

Nesa localización, nun parque situado á beira dun dos marcadores do Camiño, habilitarase un “punto de encontro Cenor Electrodomésticos” e entregaranse ata fin de existencias as camisetas oficiais do Camiño Acaba en Obradoiro, da marca Softee de Jim Sports, deseñadas por Rei Zentolo e que contan tamén coa colaboración de O Dezaseis, Deltacargo e Gadis.

Unha vez reunido todo o grupo, camiñarase pola Rúa dos Concheiros e a de San Pedro, para penetrarse xa no casco monumental da cidade e na mismísima Praza do Obradoiro, onde Terry Porter realizará xa un acto de atención de medios e tamén se dirixirá en primeira persoa aos xogadores do persoal Liga Endesa do Rio Natura Monbus Obradoiro.

7 de maio de 2015 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.