publicidade hoxe

Oroso abre o 1 de xuño o prazo de renovación de matrícula no “Bos días Cole” e no comedor escolar do CEIP Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso abre o prazo de renovación de matrícula no seu programa de gardería e almorzo “Bos días cole” e no servizo de comedor escolar no CEIP Oroso para o curso 2015-2016. Un prazo de renovación que estará aberto ata o próximo 15 de xuño no centro cultural Fernando Casas e Novoa ou no teléfono 981 690 903. A partir do 16 de xuño abrirase o prazo para novas anotacións.

O “Bos días cole” é un servizo de gardería e almorzo que o Concello de Oroso ofrece ás familias nos CEIP de Sigüeiro e Oroso dende as 7:30 horas ata o comezo da xornada lectiva. Dirixido a escolares de entre 3 e 12 anos, “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar aos cativos nas instalacións do colexio ata o comezo das clases, tempo que os escolares pasan con obradoiros de manualidades, lectura de contos e xogos. 

Por outra banda, o Concello de Oroso asume por segundo ano consecutivo a xestión do comedor escolar no CEIP Oroso. Os alumnos e alumnas xa anotados dispoñen ata o 15 de xuño para renovar as súas matrículas, mentres que a partir do 16 de xuño se abrirá o prazo para novas incorporacións. 

29 de maio de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.