publicidade hoxe

Oleiros presentará na Fábrica o Proxecto Migrantes 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros presenta o vindeiro venres 15 de maio Migrantes 2015, un proxecto multidisciplinar que pon en positivo a visión da migración como fenómeno mundial común a todas as persoas, en todas as épocas da historia e en todas as partes do noso planeta. O acto comezará ás 21.00 horas, cunha breve presentación a cargo de Yosi Hatillo e Karlos Barral, que dará paso á proxección dun documental no que se explica o proceso de creación deste proxecto. A continuación contaremos cun concerto de dúas formacións, GaliAfro e Fernández Trío, que condensan a esencia da multiculturalidade e a universalidade da música e que porán a nota de color festivo.

O acto será de balde, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Este proxecto inclúe ademais unha exposición fotográfica a cargo de Begoña Bah, na que a través dunha selección de imaxes e unha emocionante composición fotográfica se amosan as pinturas corporais coas que os 13 participantes evocan os recordos dos seus países de orixe, e que permanecerá desde o 14 ata o 27 de maio na sala de exposicións do Centro Cultural A Fábrica.

12 de maio de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.