publicidade hoxe

Oleiros organiza unha visita guiada ao Museo de Belas Artes para coñecer a mostra de Picasso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello organiza unha visita guiada ao Museo de Belas Artes para coñecer a mostra de Picasso. A vista levarase a cabo o próximo martes día 19 de maio. A viaxe está destinada a público adulto e teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A entrada é libre e inclúe o desprazamento e a visita guiada da exposición. O prazo para inscribirse nesta viaxe organizada polo Departamento de Culutra permanecerá aberto ata completar o número de prazas. As persoas interesadas deben contactar co Departamento de Cultura no teléfono 981 610 000, de 8.00 a 15.00 horas, ou no enderezo electrónico cultura@oleiros.org para formalizar a inscrición.

A exposición, que leva por título O primeiro Picasso A Coruña 2015 é unha oportunidade única de achegar a xente á etapa coruñesa de Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi esencial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Na mostra poderemos observar os seus primeiros debuxos e cadros, a evolución da súa técnica e a influencia dos mestres que tivo na cidade, así como coñecer algún dos temas que retomaría ao longo da súa dilatada produción artística. Ademais, diferentes documentos, fotografías e obxectos permiten contemplar como era A Coruña da época.

12 de maio de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.