publicidade hoxe

Oleiros inaugura unha mostra colectiva e multidisciplinar con traballos artísticos dos veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros organiza a próxima semana dúas exposicións cos traballos realizados nos obradoiros de expresión e capacidade artística que se desenvolven desde a Concellería de Servizos Sociais. O Centro Cultural A Fábrica acollerá, do 4 ao 8 de maio, a exposición do obradoiro “A pintar”, formada por as máis de 70 alumnas dos cinco obradoiros que se están a desenvolver na actualidade nas aulas do Castaño en Perillo expoñerán as súas obras, todas elas dunha grande calidade e realizadas con todas as técnicas que se poden utilizar no mundo da pintura: óleo, acuarela, pastel, acrílico, etcétera. A inauguración será o luns 4 de maio ás 19.00 horas e poderá visitarse pola mañá e pola tarde.

Por outra banda, as obras realizadas nos dous obradoiros de tapices, tear e xoiería e en macramé de Perillo e Santa Cruz, poderán contemplarse na exposición que vai ter lugar na Casa Charry en Oleiros, do 5 ao 11 de maio en horario de 19.00 a 21.00 horas. A inauguración será o primeiro día, o martes 5 de maio, ás 19.00 horas.

Ademais destes obradoiros de pintura e de teares, a programación de actividades ocupacionais que desenvolve Servizos Sociais compleméntase con obradoiros de encaixe, manualidades e costura, no que ademais dunha aprendizaxe de actividades artísticas e manuais, ofértase un punto de encontro semanal nas que as preto de 200 persoas que participan en todas estas actividades comparten, a través dunha actividade grupal, amizade, relacións e conversa, fomentando as relacións persoais entre veciños e veciñas, un obxectivo clave para fomentar o benestar e participación comunitaria.

1 de maio de 2015 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.