Obradoiro de técnicas de relaxación na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A asociación “Érquege Baixo Miño” abre o prazo de inscrición para para participar no obradoiro de “Técnicas de Relaxación; Como combater o estrés e a ansiedade”. Este programa, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, terá lugar todos os mércores dende o 27 de maio ata o 29 de xullo. En total serán dez sesións de 19 a 22 horas.

As prazas para participar neste curso son limitadas, polo que todas aquelas persoas interesadas deben inscribirse no número de teléfono 986 61 44 07. O prezo das sesións son seis euros.

Aqueles que queiran máis información poden chamar ou achegarse o local da asociación, situado na rúa Colón, número 20.

22 de maio de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.