O Serra de Gondomar acada tres podios en Moscoso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Na cuarta tirada da liga Galega de bosque 3D, organizada polo ClubCazarco, celebrada en Moscoso, cunpercorrido con 20 dianas e con 100 arqueiros participantes, o Club Serra de Gondomar conseguiu tres podios.

Aínda que a climatoloxía a primeira hora da mañá, non permitía unha boa visibilidade debido á néboa, mellorouao longo da xornadadeixando paso a un día moi soleado.

O club Serra de Gondomar, con 12 participantes 4 sénior e 8 menores de 14 anosobtivo tres podios, en categoría sénior Jose Carlos Presa, como primeiro clasificado en arco nu, categoría na que a que os competidores posuíanunha gran preparación, os outros tres sénior Israel Martínez, Marco Melón e Miguel Ángel se clasificaron entre os 10 primeiros.

Na categoría de menores de 14 anos, en arco composto Rubén Rodríguez, conseguiuoutroprimeiroposto e Anxo Martínez, clasificouse como terceiro; os outros 6 participantes Xes Argüelles,Iker Barbero, SergioAdrián, Xoel e Uxía quedaron entre os 10 primeiros.

13 de maio de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.