O Santiago Futsal xoga un amigable no cárcere de Teixeiro

O Santiago Futsal no cárcere de Teixeiro
O persoal do Santiago Futsal desprazouse está tarde ao Centro Penal de Teixeiro, onde xogou un partido amigable contra unha selección de reclusos do centro. Esta foi a primeira vez que o equipo se desprazaba a un Centro Penal para xogar un amigable e a experiencia foi moi gratificante. Dita actividade pódese destacar como unha actividade promovida polo club desde o seu marco de compromiso social.











