O Santiago Futsal vive unha tarde de karts en Ordes

O Santiago Futsal nos karts
O primeiro equipo do Santiago Futsal e o seu corpo técnico desprazáronse esta tarde ao circuíto de karts de Ordes, onde participaron en diversas carreiras en grupos de cinco corredores. A volta rápida asinouna Hugo Sánchez, que logrou superar a Lucho na carreira máis apaixonante da tarde.
Tras esta actividade, a última do equipo antes de comezar as vacacións, xogadores e corpo técnico volverán reunirse mañá para a cea de fin de tempada.











