O Santiago Futsal visita o Pub Soar e Café Bar Polígono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal comezou esta mañá a última semana de traballo, na que continuará realizando actos con patrocinadores e colaboradores do club, así como tamén cumprirá co compromiso da Copa Deputación. Esta mañá visitou o Pub Soar e o Café Bar Polígono, patrocinadores do club esta tempada. O persoal e o corpo técnico do conxunto branco acudiron a dous dos locais de referencia da capital en galega en música acústica e en hostalaría.

Mañá será a quenda de disputar o encontro de cuartos de final da Copa Deputación, no que o conxunto dirixido por Santi Valladares enfrontarase a O Esteo FS ás 21.15h no Pavillón das Pontes.

18 de maio de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.