O Santiago Futsal participa nunha clase de Body Combat

Equipo do Santiago Futsal en Body Combat
A familia do Santiago Futsal ao completo: xogadores, corpo técnico, director xeral Miguel Fernández e o seu presidente Ramón García, visitaron na tarde de onte as instalacións de El Correo Gallego, medio de comunicación de Santiago de Compostela, na semana de visitas que realizará a entidades, patrocinadores e colaboradores do club en agradecemento ao apoio recibido na súa 12ª tempada en Primeira División.
O director de El Correo Gallego, Don José Manuel Rei Nóvoa, felicitou ao Santiago Futsal pola gran tempada que realizaron, así como pola súa capacidade de superar obstáculos e dificultades na que foi a tempada máis complicada para o club. Tamén encomiou os valores fundamentais do club branco, unha filosofía de traballo desde a canteira e de grupo.
Pola súa banda, o presidente do Santiago Futsal, Don Ramón García Seara, quixo agradecer a El Correo Gallego o seu trato cara ao club que definiu como “unha relación de compenetración máxima e de plena confianza”. Así mesmo, o presidente non pasou por alto a satisfacción de saír do concurso de acredores con gran éxito e recalcou que a información que El Correo Gallego difundiu do proceso sempre foi “información veraz, sabendo estar e facendo noticia só do que era. Na súa liña”.
E esta mañá, o adestramento do primeiro persoal trasladouse ao ximnasio do Multiusos Fontes do Sar, onde todos os xogadores e algúns dos compoñentes do corpo técnico, acudiron á clase de Body Combat impartida por Toño, monitor do mesmo. Os xogadores aprenderon as chaves básicas da defensa persoal a ritmo de temas electro e tecno.
Mañá pola mañá terá lugar a visita ás instalacións de Arines SL, un dos principais patrocinadores do club.











