O Santiago Futsal fai o Camiño

O Santiago Futsal na praza do Obradoiro
Esta mañá, o primeiro equipo e o corpo técnico reuníronse no Monte do Gozo co fin de realizar a última etapa do Camiño de Santiago, patrimonio da Humanidade e referente da capital galega.
Desde o inicio da etapa ata chega á Praza do Obradoiro, punto final do Camiño, o equipo aproveitou para visitar a distintos patrocinadores e colaboradores, que esta tempada mostraron o seu apoio ao club compostelán.
Desta maneira, o persoal fotografouse en La Bodeguilla de San Lázaro, Galirent, A Pedra Quente, Café Bar Rakel, Hotel Capital Galicia, Peluquería Antonio Quintela, Cafetería Tabacos, Tapería 2 Eles, Plaza de Abastos, Charcuterías Seco, Congelados Xosé Bermúdez e Cafetería Milongas.
Finalmente, na súa chegada á Praza do Obradoiro, o equipo foi recibido polo alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández. Ademais, o equipo posou coa camiseta de Santiago Way Over, a compostelá das camisetas.











