O Santiago Futsal cambia o parqué polas pistas de padel

Xogadores do Santiago Futsal en Padel Compostela
O primeiro equipo do Santiago Futsal cambiou, esta mañá, a pista de parqué pola de padel. Nunha xornada de traballo diferente á habitual, todos os xogadores do Santiago Futsal e algúns dos seus técnicos, gozaron dunha mañá de padel nas instalacións de Padel Compostela.
A pesar de que moitos deles era a primeira vez que practicaban padel, puidemos ver a súa destreza e a súa técnica inicial coa raqueta. Tras xogar por parellas a fase eliminatoria, os campións da mañá foron Diego Quintela e Hugo Sánchez, que lograron bater a todos os seus rivais.
Esta tarde terá lugar a visita á redacción do diario El Correo Gallego, onde, equipo e corpo técnico do Santiago Futsal serán recibidos polo director Don Jose Manuel Rey Nóvoa.











