O Santiago Futsal asegura a portaría coa renovación de Marcos Vara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Renovación Marcos Vara

Renovación Marcos Vara

O meta de Benavente, Marcos Vara e o Santiago Futsal chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación por unha tempada. Marcos decidiu apostar pola súa continuidade no club de Santiago, equipo ao que regresou a tempada pasada tras o seu paso por Marfil Santa Coloma e o Baku United londinense.

O porteiro de 27 anos vive a súa segunda etapa no Santiago Futsal, co que debutou no filial e, xa no primeiro equipo xogou cinco tempadas 05/10. Marcos foi partícipe daquela Supercopa de España que o conxunto branco conseguiu en Guadalaxara no ano 2010, onde defendeu a portaría en semifinais. Agora, nesta segunda etapa que comezou a tempada pasada, demostrou a súa valía baixo paus e o seu compromiso co club.

Marcos expresou a súa satisfacción co acordo “Estou moi contento porque o club recoñeceu o traballo que fixen durante todo o ano. Séntome valorado debido a que eles confían en min para seguir no equipo a tempada que vén.”

28 de maio de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.