O sábado comezan os asfaltados parciais das rúas Peregrina, Sagasta e Joaquín Costa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra asfaltará este sábado, 9 de maio, distintas rúas da cidade, un proxecto que se executa aproveitando a primavera para alongar o máis posible a vida útil dos pavimentos.

Serán Sagasta, Xoaquín Costa e Peregrina. Trátase de recuperacións parciais do asfaltado naqueles tramos que se atopen máis deteriorados. As obras de fresado e asfaltado realízanse nun sábado co fin de prexudicar o menos posible aos cidadáns.

En vindeiros días continuarase co asfaltado parcial das rúas:

• Conde Bugallal

• Domingo Fontán

• Costa

• Filgueira Valverde

• Xoán Carlos I

• Portugal

• A subida aos Areás

O orzamento desta actuación que realizará a empresa Covsa é de 60.250,86 euros.

7 de maio de 2015 | 20:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.