O Rio Natura Monbus Obradoiro visita o Colexio Compañía de María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Visita dos xogadores ao centro

Visita dos xogadores ao centro

O Rio Natura Monbus Obradoiro, representado polo técnico Moncho Fernández e os xogadores Pavel Pumprla e Adam Waczynski, visitou na tarde de hoxe o colexio santiagués Compañía de María.

No día da patroa do centro, Santa Juana, adestrador e pupilos compartiron comida no patio cos escolares do centro, para logo, antes do festival musical, asinar autógrafos e tomarse fotos con eles. Nesta xornada especial chea de xogos, mercadillos e actuacións en beneficio da Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María, tamén acudiron á cita os pais dos alumnos.

Os nenos e nenas aproveitaron tamén para xogar ao baloncesto por uns minutos cos seus ídolos, que dirixidos por Fernández, ensináronlles algunha xogada. Tampouco se esqueceron, os seguidores máis fieis, de felicitar aos obradoiristas pola permanencia conseguida xa fai unhas xornadas.

13 de maio de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.