O Rio Natura Monbus Obradoiro e Obra Social La Caixa impulsan a recollida de leite no Partido dos Nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro súmase á campaña de Obra Social La Caixa “Ningún neno sen bigote”, cunha gran recollida de leite en beneficio de nenos e nenas usuarios dos Bancos de Alimentos durante o último encontro da tempada. 

Así, a Fundación Obra Social La Caixa realizará unha doazón inicial de 100.000 litros de leite a sete delegacións galegas do Banco de Alimentos, achega á que se sumará todo o recadado no hall principal do Fontes do Sar antes do encontro entre Rio Natura Monbus Obradoiro e o Laboral Kutxa Baskonia (domingo, 18.00 horas), denominado xa Partido dos Nenos. 

O club anima aos afeccionados, sempre solidarios con iniciativas deste tipo, a traer a súa achega de leite, un dos alimentos máis demandados por asociacións caritativas que atenden a colectivos en risco de exclusión social. 

Ademais, nos prolegómenos do partido realizarase unha divertida acción coa colaboración de todos os asistentes, nas que tanto eles como o persoal deportivo lucirán un bigote branco. 

Lembramos tamén que para este partido, todos os menores de 18 anos teñen entradas a 9 euros en calquera sector do pavillón, así como os abonados que queiran comprar entradas adicionais. 

19 de maio de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.